domingo, 6 de marzo de 2016

Balea, un conto sen palabras



Ola a todos!

O vindeiro venres 11 de marzo El Halcón Milenario presentanos unha nova exposición, esta vez arredor do proceso de creación do libro Balea, dos artistas vigueses Federico Fernández e Germán Pintos.
Baixo o pseudónimo de Fernández e González estes dous enxeñeiros a tempo parcial deseñaron, fai xa dous anos, un sistema residencial e de transporte marítimo que revolucionaría a navegación e a imaxinación.
Finalistas no certame inernacional Compostela de album ilustrado, a editorial Kalandraka decidiu publicar aquel proxecto e convertilo no libro-obxecto que dende o pasado mes de decembro pódese atopar nas librerías.
Agora, e durante os tres días que a exposición vai a estar aberta, poderanse ver de cerca os bocetos previos, as ideas e obxectos que inspiraron Balea e por suposto os debuxos orixinais.
Ademais da inauguración que terá lugar o día 11 ás 20:30, organizaremos ao día seguinte, sábado 12, un obradoiro a partires das 12:30 para todo aquel que queira participar, no cal elaboraremos un gran mural que quedará en exposición ata o seguinte venres 18, día en que se clausurará o evento.

Agardamosvos este venres!

Saúdos!